Popcorn Time estrea aplicación para Android
xoves, 8 de maio do 2014
O fork da popular
aplicación de streaming de filmes
mediante a rede de intercambio de ficheiros BitTorrent, Popcorn Time, que ten
presenza na web a través do seu dominio time4popcorn.eu, continúa a mellorar a
bo ritmo con incorporacións como o soporte de series de televisión, e nas
últimas horas estreou unha das opcións máis agardadas polo público: a posibilidade de gozar
desta solución audiovisual en Android.
Temos asà a aplicación
Popcorn Time en Google Play, que permÃtenos ver pelÃculas e series de
televisión en alta definición con subtÃtulos en dispositivos con Android, sen
ter que descargar os contidos, o que facilita o consumo audiovisual en
smartphones, tablets e outros dispositivos conectados (como televisores con
Android).
AÃnda estamos nunha versión moi temperá da aplicación, que promete estrear
actualizacións de xeito diario, para mellorar esta ferramenta e incorporar en
breve o soporte de Chromecast, facendo aÃnda máis doado levar os contidos da
Internet ao televisor.
Esta aplicación está a crear bastante rebumbio, principalmente porque inclúe un
catálogo de contidos moi amplo, que aÃnda que non son publicados na Rede polos
responsables da aplicación, fan demasiado doado o consumo de contidos
audiovisuais sen adquirir os dereitos de reprodución pertinentes, polo que é de
agardar que a Industria dos contidos tome medidas contra este tipo de
plataformas que incluso ofrecen unha facilidade de uso maior que as solucións
comerciais de pagamento.
ACTUALIZACIÓN (10-5-2014): A aplicación desapareceu de Google Play (ao parecer, sen xustificación), estando agora dispoñible para a súa descarga directa na súa páxina oficial.
VÃdeo que anuncia a estrea de Popcorn Time para Android