Política Lingüística e Xuventude compartiron o palmarés de Lingua de Namorar 2023

luns, 24 de abril do 2023 S. P.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convocaron este ano unha nova edición do seu certame online Lingua de Namorar, destinado a premiar as mellores mensaxes de amor en galego feitas pola nosa mocidade. O xurado do concurso compartiu os días pasados o palmarés da convocatoria 2023, trala súa reunión do pasado 31 de marzo, na que se elixiron as mensaxes gañadoras das categorías A e B entre aquelas mensaxes que resultaron máis votadas polo público.
Son as seguintes:
Mensaxes gañadoras da categoría A
1º premio – Alba Guzmán Falcón (Ourense) – Chover ten que chover
2º premio – Santiago Sánchez Villarino (A Coruña) – Distancia
3º premio – Carla López Otero (Pantón, Lugo) – Translúcidas chinas
Mensaxes gañadoras da categoría B
1º premio – Eva González Blanco (Lalín, Pontevedra) – Áncora
2º premio – Clara Pérez Martínez (A Bola, Ourense) – Morriñada
3º premio – Andrea López Otero (Pantón, Lugo) – Entre as cinzas
O xurado de Lingua de namorar 2023 preseleccionou, na súa xuntanza do 31 de marzo, seis
mensaxes participantes na categoría C do concurso, mensaxes que pasaron á fase de votación
pública en IG, da que resultou gañadora ao recibir o maior número de gústame a seguinte obra: Iria Cebreiros Trigo (Ourense) @iriiaa_8 – #Aartedoboquerer
Características das mensaxes
As mensaxes de amor deben estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe é de 350 caracteres, no caso das categorías A e B, e de 200 caracteres, no caso da categoría C, incluídos os espazos en branco en ambos os dous casos.
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.
Persoas destinatarias e categorías
Lingua de namorar é un concurso dirixido a toda a mocidade con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos. Establécense tres categorías de idade:
Categoría A: de 14 a 19 anos
Categoría B: de 20 a 35 anos
Categoría C: de 14 a 35 anos
Premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:
1º Tableta 10" Samsung A8
2º Libro electrónico Kindle
3º Cascos sen fíos JBL
Establécese un único premio pola categoría de idade C:
1º Tableta 10" Samsung A8

PUBLICIDADE