PolÃtica LingüÃstica convida a xogar ás palabras encadeadas con axuda da Rede
xoves, 3 de xullo do 2008
- A secretaria xeral de PolÃtica LingüÃstica, Marisol López, presentou a nova campaña posta en marcha polo seu departamento para a promoción da lingua galega.
A secretaria xeral de
PolÃtica LingüÃstica, Marisol
López, presentou esta mañá en Santiago os contidos de campaña baixo o lema En galego, tes todo por vivir,
que vai ter presenta en medios de comunicación impresos, audiovisuais e
dixitais de Galicia, e que será o marco dunha serie de actividades lúdicas e
dinamizadoras en distintos ámbitos sociais.
A mocidade será o principal obxectivo desta campaña, por ser o sector con menor
uso do galego, convidando aos novos a xogar ás palabras encadeadas, actividade
que poderán trasladar ao mundo real nunha instalación multimedia itinerante
coñecida como A Cova.
A Internet tamén xogará un papel importante nesta iniciativa, centrándose as
actividades baixo a web
de palabrasencadeadas.com, no que se publicarán as iniciativas na
Rede dirixidas a todos os públicos, que comezan cun concurso
para achegar imaxes nas que estean capturadas palabras galegas.
O xogo proposto na web consiste en elixir unha palabra que dende a SecretarÃa
Xeral remitirán en soporte fÃsico para que o participante (maior de idade)
poida levala á oficina, de festa, de acampada ou a calquera outro lugar no que
retratarse (en imaxe ou vÃdeo) para deixar constancia das palabras galegas no
mundo actual. Logo, os internautas poderán votar as mensaxes recibidas dos
participantes. Finalmente o concurso rematará nunha festa na que os
participantes devolverán a palabra recibida e recollerán a cambio o premio que
lle corresponda.
Anuncio televisivo da nova campaña