PolÃtica LingüÃstica achega 11 bolsas de formación para os proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro
luns, 7 de agosto do 2023
A SecretarÃa
Xeral de PolÃtica LingüÃstica que dirixe ValentÃn GarcÃa vén de
convocar por un importe total de 261.360€ un total de 11 bolsas de
formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades,
dependente da dita SecretarÃa Xeral (ConsellerÃa de Cultura e
Educación).
Con esta acción, o dito departamento busca
fortalecer o seu compromiso coa investigación lingüÃstica,
literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua galega ao tempo
que contribúe á especialización das persoas universitarias
mediante a súa participación nalgún dos proxectos desenvolvidos na
actualidade polo Centro Ramón Piñeiro, de importante vertente
tecnolóxica: Tesouro paleogalaico (TPGal), Corpus de
referencia do galego actual (CORGA), Corpus
documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA),
BibliografÃa Informatizada da Lingua Galega (BILEGA),
TerminoloxÃa cientÃfico-técnica; Informes de literatura,
Recuperación de textos literarios e xornalÃsticos galegos,
LÃrica profana galego-portuguesa, BiRMED: BibliografÃa de
Referencia do Arquivo Galicia Medieval, Dimensións da identidade
colectiva de Galicia e Legados literarios.
As persoas interesadas en concorrer á devandita
convocatoria poderán presentar as súas solicitudes por vÃa
telemática a través da sede electrónica da Xunta ata o 1 de
setembro. Unha vez seleccionadas, comezarán as súas actividades de
formación aproximadamente o 1 de decembro de 2023 e rematarán, en
calquera caso, o 30 de novembro de 2025.
Poderán solicitar estas bolsas as persoas
licenciadas ou graduadas universitarias que, ademais de reunir os
requisitos especÃficos para cada proxecto, posúan a nacionalidade
española ou dun estado membro da Unión Europea; acrediten o
coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou CELGA 4
(agás os que acrediten estar en posesión do tÃtulo de licenciatura
en FiloloxÃa Galega ou equivalente); non resultaran beneficiarios
dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos co Centro Ramón
Piñeiro, e teñan unha nota media no seu expediente académico igual
ou superior a 6,5 puntos.
Unha comisión de valoración será a encargada de
examinar as solicitudes presentadas polas persoas candidatas conforme
o seguinte baremo e criterios: o expediente académico puntuará ata
10 puntos; a formación complementaria ata 11 puntos; a presentación
de comunicacións en congresos relacionados co obxecto da bolsa, ata
3 puntos; e as publicacións individuais e participación en
publicacións colectivas de carácter cientÃfico, ata un máximo de
3 puntos.
A información completa pode consultarse no Diario
Oficial de Galicia e no Portal
da Lingua Galega.