Pokémon GO dobra as vendas de baterías externas

venres, 5 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Unha das grandes críticas que os xogadores poñen ao xogo Pokémon GO (como tamén aconteceu no seu día con Ingress) é que o uso do GPS, a pantalla e outros sensores do teléfono mentes se xoga devora a grande velocidade a batería dos smartphones, o que leva aos xogadores con terminais máis modestos a ter que xogar cargando cunha batería externa o móbil mentres se pasea pola rúa, o que dende o primeiro momento fixo que a xente comentase de xeito informal que os grandes beneficiados do fenómeno eran os fabricantes de baterías, e esta sensación parece confirmarse se atendemos a datos relativos a EE.UU. de NPD Group, que entre os días 10 e 23 de xullo detectou un crecemento interanual das vendas de baterías externas dun 101%, cando no cómputo anual tal crecemento era de só o 35% (e incluso caeran lixeiramente as vendas un pouco antes do lanzamento de Pokémon GO).
Temos así que a impresión que temos en España podería confirmarse como unha tendencia global, e segundo vai espallándose o célebre xogo polos distintos mercados, vai incrementando a venda de baterías externas, conformándose a meirande parte dos xogadores cunha batería ordinaria, aínda que tamén colleron bastante pulo as baterías externas non oficiais que teñen forma de Pokéball, e que esteticamente acaen moi ben durante a captura de Pokémon.

As baterías externas con forma de Pokéball están a converterse en todo un éxito de vendas

PUBLICIDADE