Poio achega á cidadanÃa formación en redes sociais e tramitación telemática
venres, 16 de xullo do 2021
A
ConcellerÃa
de Mocidade de Poio impulsou para este verán un completo programa
formativo centrado en novas tecnoloxÃas. En concreto, a aula
CeMIT de Combarro acollerá catro sesións sobre a utilización das
redes sociais e a tramitación de xestións burocráticas en liña
(dúas clases por cada obradoiro).
A
primeira delas celebrouse o 13 de xullo pero repetirase o 10 de
agosto. Neste caso, as persoas inscritas recibirán formación para
aprender a sacar o maior rendemento posible aos seus perfÃs en redes
sociais como Facebook ou Instagram. Asemade, tamén se fará fincapé
en consellos e recomendacións para realizar un uso seguro destas
ferramentas. Esta formación está dirixida a mozos e mozas de idades
comprendidas entre os 12 e os 30 anos.
Con
respecto á segunda actividade, trátase dun curso sobre tramitación
telemática, grazas á cal os e as participantes poderán aprender a
realizar xestións como solicitar cita médica, reservas para
residencias ou cubrir a documentación necesaria para adquirir unha
beca. Estas clases serán o 14 de xullo e o 11 de agosto. En todos os
casos, as sesións serán de 10.30 a 12.30 horas.
A
concelleira de Mocidade informa de que as prazas son limitadas e que
os obradoiros cumprirán con todas as medidas sanitarias pertinentes.
As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo chamando ao 986
872 401 ou enviando un correo electrónico a
xuventude@concellopoio.org.