PocketBook estrea tenda de libros electrónicos en España

venres, 22 de marzo do 2024 Marcus Fernández

No pasado temos falado dos lectores de libros electrónicos da marca PocketBook, especialmente por contar con modelos con pantalla a cor, pero agora a compañía vai un paso adiante no mercado español e ofrece aos seus clientes unha tenda de libros electrónicos, con preto de 40.000 referencias de editoriais como Penguin Random House, Planeta, Anagrama...
Deste xeito, os usuarios dos lectores da marca PocketBook teñen un xeito cómodo de facerse cos libros electrónicos directamente e de xeito legal, aínda que continúan a poder cargar nos seus dispositivos documentos en múltiples formatos como PDF, EPUB, RTF, DOC, CBR, CBZ e mesmo MP3, xa que os dispositivos tamén contan con capacidades de audio.

PUBLICIDADE