Plex mellora a súa versión na nube e prepara engadido para Kodi
venres, 2 de decembro do 2016
Hai un par de meses dende Plex asombraron ao mundo ao presentar
unha versión da súa solución de administración e reprodución de contidos
multimedia baseada na nube, de xeito que con Plex Cloud serÃa posible
manter a nosa colección de series e filmes nun servizo en liña como Amazon
Drive, de xeito que non teriamos que ter un ordenador acendido as 24 horas para
ter os nosos vÃdeos listos para a súa reprodución dende outros equipos e
incluso dende dispositivos móbiles, simplificando enormemente a construción
dunha biblioteca de contidos persoal que poida explorarse de xeito visual, no
que virÃa a ser o máis semellante a ter un Netflix a medida.
Pero tras o anuncio de Plex Cloud como
un servizo en beta para subscritores de Plex Pass, os seus desenvolvedores
foron atopando bastantes pedras no camiño, polo que deixaron de repartir
convites para participar na fase de probas, até agora, cando non só anuncian
que retomarán o envÃo de invitacións o 5 de decembro, e non só iso, senón que
tamén ampliarán o soporte na nube da súa plataforma, de xeito que non se
limitará a Amazon Drive, senón que os usuarios poderán ter repartida a súa
biblioteca audiovisual entre máis servizos de almacenamento en liña como Google
Drive, Dropbox e OneDrive, de xeito que cadaquén pode elixir o que lle resulte
máis práctico ou no que teña máis capacidade de almacenamento contratado (aÃnda
que a plataforma de Amazon continúa a ser a que ten unha mellor relación entre
capacidade e prezo ao ofrecer almacenamento ilimitado por 70 euros ao ano).
Plex en Kodi
Pero Plex Cloud non é a única novidade que chega dende Plex,
senón que agora tamén anuncian que o seu reprodutor multimedia queda
completamente aberto aos usuarios (de xeito que xa non haberá versións que
precisarán de Plex Pass para funcionar) e, como magnÃfica novidade para moitos
usuarios, tamén están
a integrar Plex nun dos xestores multimedia máis populares na actualidade, Kodi,
dende o que será posible gozar de Plex a través dun engadido que polo momento
só está dispoñible para usuarios de Plex Pass por estar en fase de probas
(asegurando que pode entrar en fase oficial en calquera momento, dando a
entender que haberá que agardar pouco para que todos os usuarios poidan gozar
deste completo engadido).
Unha das cousas máis rechamantes do engadido de Plex para Kodi é que presenta
unha estética diferente aos clientes de Plex oficiais que hai até o momento, xa
que decidiron experimentar con novas interfaces nesta nova versión, de xeito
que permÃtenos ver novidades nas que están a traballar, confiándose en que
paulatinamente esta nova aparencia e as súas funcionalidades vaian trasladándose
ao resto de aplicacións de Plex.