Playboy estrea unha web adaptada ao iPhone

xoves, 3 de abril do 2008 Marcus Fernández

Finalistas do concurso Miss Playboy Mobile

O concurso de Miss Playboy Móbil chega á súa fin, e xa se coñecen as súas finalistas (esta noite se dará a coñecer a gañadora) elixidas polos lectores da publicación erótica a través de teléfonos móbiles, nunha iniciativa da revista de Hugh Hefner para achegarse ó público novo, máis próximo ás TIC.

A nova web de Playboy vista no iPhone

A presentación das finalistas o concurso coincide co lanzamento dunha versión móbil de Playboy accesible dende o iPhone e que achega curiosas seccións coma Playboy Radio (un programa de radio baseado en MP3), Battle of The Sexiest (un xogo de votacións inspirado en HotofNot), On The Scene (sobre concertos e outros eventos de moda), Ask Hef (con vídeos do fundador de Playboy respondendo a consultas dos lectores) e outos contidos típicos da revista en papel. Haberá que ver se conseguen rendibilizar o salto ao móbil da revista ante a crise que teñen estas publicacións nas súas edicións impresas.

PUBLICIDADE