PlayStation Plus incorporá 150 Mbytes de almacenamento en liña

mércores, 9 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O lanzamento dun servizo premium para a PlayStation 3 resultou bastante polémico, pois a súa utilidade parecía limitada a permitir a descarga de demos con certa antelación e contar con contidos descargables que pretendían compensar o seu prezo de subscrición, pero finalmente PlayStation Plus vai integrar novidades substanciais como a incorporación a partir de mañá do acceso a 150 Mbytes de almacenamento de datos nos servidores de Sony, o que permitiralles almacenar ata 1.000 partidas de PlayStation 3, o que serviría tanto para facer copias de seguridade como para poder continuar as nosas partidas cando imos a xogar a casa dun amigo.
Dende Sony matizan que ao caducar o servizo PlayStation Plus, pero os datos almacenados non se borran, senón que poderán recuperarse tras renovar a correspondente subscrición (permanecendo as copias ata un máximo de 6 meses tras o cese do pagamento do servizo).

PUBLICIDADE