Pipi Estrada estrea 2 blogs

venres, 30 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O Grupo Edipresse, editor de revistas coma FHM, DT, Stuff, Lecturas ou Sorpresa!, leva uns meses apostado pola Internet e a telefonía móbil a través dunha filial que coma principal expoñente ten a web El Polvorín, que traslada á Internet a mesma política editorial das súas revistas masculinas máis populares, polo que non debería sorprender que estreen en tal espazo un blog escrito por Pipi Estrada, quen esta semana tamén estreou o blog El Inalámbrico na web do diario Marca.
Pero Estrada non falará de deporte no blog de El Polvorín, senón que pretende alimentar as mesmas polémicas que se fan populares nos programas televisivos como Aquí hay tomate, e tras un vídeo de presentación, ataca directamente á súa ex-moza, Terelu Campos, de xeito que Pim Pam Pum promete ser un espazo máis para contribuír á prensa rosa da que aínda non hai moita presenza na blogosfera española.

PUBLICIDADE