Phone House abre a súa segunda tenda en Compostela

luns, 3 de setembro do 2018 Redacción

A cadea de tendas Phone House, tras a súa profunda crise, leva meses inaugurando tendas en Galicia, sendo a última en abrir o seu segundo establecemento en Santiago de Compostela, na Rúa da República Arxentina, nº 11, coa que chega así ás 20 tendas na provincia da Coruña.
A nova tenda ten unha superficie de 27,6 metros cadrados, ten un horario de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas e, como vén ser habitual nas aperturas, ofrecerá unha promoción de inauguración cun desconto de 100 euros en portabilidades e até un 30% en accesorios durante o primeiro mes de funcionamento.

PUBLICIDADE