Pepephone elimina o compromiso de permanencia nas conexións domésticas

mércores, 2 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

A competencia nos servizos de telecomunicacións non baixa o ritmo, o que precisa que as compañías presenten cada vez menos atrancos para a súa contratación, e así temos un importante paso para Pepephone, que hoxe anuncia a eliminación da permanencia nos seus servizos de Internet no fogar e, ao carecer de permanencia no móbil e eliminar a permanencia opcional na fibra, prescinde así de toda atadura posible, de xeito que da unha maior liberdade aos consumidores, o que confían que sexa un reclamo para captar clientes.
Dado que Pepephone tampouco cobra custos de alta nin de instalación, a eliminación da permanencia supón unha aposta moi decisiva, xa que resúltalle máis complicado asegurar as súas contas, xa que para unha compañía de baixo custo a instalación do servizo de Internet supón unha importante carga económica que se traduciría en perdas no caso de que un cliente cambie de compañía pronto.

PUBLICIDADE