Peoople estrea función de notas de voz para calquera smartphone

mércores, 15 de xullo do 2020 S. P.

Peoople, a plataforma de recomendacións, vén de dar un paso de xigante en materia de servizos para a súa comunidade. En concreto, converteuse na primeira rede cuxa funcionalidade de notas de voz está preparada para todos os usuarios que dispoñan de smartphone, tanto iOS como Android. A través desta novidade de Peoople, plataforma que acubilla máis de cinco millóns de persoas (dos cales 1.7000 son influencers recoñecidos, como por exemplo María e Marta Pombo, Nuria Blanco, Selena Milán, Bjean, Sr Zeta, Jorge Cyrus ou Blue Jeans), permitirase aos seus integrantes consultar e compartir recomendacións de servizos e produtos de audios personalizados.
“Apostamos polo audio pola súa inmediatez e pola comodidade que pon en xogo para o consumidor e para o creador do contido”, sinala o galego David Pena, co-fundador e director executivo da plataforma Peoople, poñendo o foco noutra das grades características do devandito formato: a proximidade que se crea entre o usuario que demanda recomendacións e o influencer ou amigo que as comparte.
A funcionalidade habilitarase no mercado español e de xeito simultáneo noutros países como Portugal (onde Peoople conta con referentes dixitais como Kazzio, Liliana Filipa, Mr Jason Santos, Mr Keven Santos ou Lauanda Rios); en Brasil (onde dáse servizo a influencers como Lucas Santos, ViajandocomGabi, Yurigabe, Vazaonde ou Glauber Barbosa); e no resto de Latinoamérica (onde se integran Caín Gúzman, Alan Sandoval, Fabii Puffle, Nicolas Lorenzo ou David Sánchez).
O galego David Pena destaca que co novo servizo amplíase a marxe de interactividade entre os membros da comunidade: “Cun máximo de cinco minutos, os audios permiten aos usuarios explicar de maneira máis personalizada, próxima e directa diferentes opinións sobre películas, series, libros, beleza, restaurantes, aplicacións, entre outros”. Pena tamén salienta que “o proceso de gravación é moi intuitivo, permitindo interromper, borrar ou escoitar o ficheiro antes de ser publicado”. Amais, o audio tamén pode ser borrado por completo unha vez publicado.

PUBLICIDADE