Pecha a revista tecnolóxica @rroba

luns, 20 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Despois da desaparición dos quioscos españois de revistas coma EDGE e Superjuegos Extreme, agora a crise afecta a outras publicacións tecnolóxicas como a veterana revista @rroba, que polo momento quedará no seu número 142, descoñecéndose se nun futuro poderá retomar a súa andaina esta cabeceira de referencia dentro do hacking hispano.
@rroba trataba temas como a seguridade de redes Wi-Fi, a creación de páxinas web, a lexislación relativa á protección de datos (e outros ámbitos da informática e a Internet), a programación en Java e outros temas de afíns, pero parece que a falta de publicidade levaría ao peche a esta revista de Mega Multimedia que incorpórase ao camposanto das revistas tecnolóxicas no que non parece que vai a ser a última lousa do presente ano.

PUBLICIDADE