Pandora vetará ós usuarios de fóra de EE.UU.

luns, 7 de maio do 2007 Marcus Fernández

A primeiros do 2000 iniciouse o Music Genome Project, ou proxecto do xenoma musical, que baixo o servizo Pandora permite ós usuarios a cualificación de música segundo varios parámetros que serven ó sistema para a creación dunha radio mediante streaming que se adaptaría ós gustos dos usuarios pero, tras non poder pechar un acordo coas entidades europeas de dereitos de autor, quedará militado ós EE.UU., polo que ó intentar visitar a súa web atopamos unha mensaxe que nos informa de que o noso acceso se veu restrinxido.
Dende Pandora xa pedían que os usuarios se rexistrasen como residentes de EE.UU. (limitación que se podía evitar de xeito doado, con só introducir un código postal válido) e viñan negociando en distintos países para acadar un certo número de licenzas para emitir música mediante streaming que só prosperaron no Reino Unido, polo que decidiron detectar os enderezos IP dos seus usuarios para vetar a presenza de fóra dos EE.UU.

PUBLICIDADE