Panda di adeus ó oso do seu logotipo

martes, 24 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Na web de Panda adiantan o que será o seu cambio de imaxe

Panda Software cambiará nos vindeiros días a súa imaxe comercial e o seu nome, pasando a chamarse Panda Security e abandonando o seu tradicional oso panda do seu logotipo. Esta nova estratexia comercial corresponde ó feito de que a empresa xa non se dedica ó software en exclusiva, senón que tamén vende material hardware, polo que prefiren centrar a súa mensaxe na seguridade en xeral.
O novo responsable da compañía, Jorge Dinarés, afirmou que están a traballar en novos xeitos de atallar o malware no que dan en chamar Panda 2.0 e que respondería a unha solución que desconxestione ó PC da carga de análise das ameazas á seguridade informática. No mes de xullo lanzarán novas versións dos seus produtos para usuarios particulares e en setembro será o segmento empresarial o que vexa chegar as súas actualizacións.

PUBLICIDADE