Panda axuda a protexernos dos virus en memorias USB

luns, 30 de marzo do 2009 Marcus Fernández

As memorias USB son unha das fontes de infección de virus informáticos, troianos e toda sorte de malware xa que ao conectalas aos nosos equipos informáticos, no caso de contar con ficheiros de execución automática poden instalarse no noso equipo sen que o usuario sexa consciente diso, polo que Panda Security desenvolveu unha aplicación de balde chamada Panda USB Vaccine, que intenta evitar este tipo de ameaza á seguridade do noso ordenador.
O Panda USB Vaccine realiza os cambios precisos no noso equipo para que ignore os ficheiros autorun.inf de calquera memoria USB ou CD, cortando con mencionadas ameazas de vez, sendo unha solución compatible con Windows 2000, XP e Vista.
Os usuarios que xa conten cunha ferramenta de anti-virus actualizada non deberían precisar desta medida de seguridade adicional, pero os usuarios incautos deberían optar como mínimo por esta ferramenta, especialmente ante o posible rexurdimento do verme Conficker, que ameaza con volver esta semana.

PUBLICIDADE