Ozona presentará en Santiago diversas ferramentas para crear un posto de traballo flexible

venres, 20 de maio do 2011 Fernando Sarasketa

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vai acoller o vindeiro 9 de xuño un encontro divulgador profesional sobre ferramentas de computación na nube para facer máis doada, rendible e eficaz a xestión empresarial. Máis polo miúdo, a xornada dará acubillo á presentación de diversas solucións técnicas de Microsoft e Citrix, integradas baixo a denominación V-Alliance, para a creación dun posto de traballo flexible.
O evento, que vén da man da firma galega Ozona, vaise desenvolver de 10.00 e 13.30 horas, contando para o seu desenvolvemento con expertos en virtualización como Marcos Paredes, director da Área de Tecnoloxía da dita empresa, ou José Luis Cruz, especialista en solucións de Microsoft Ibérica. A inscrición no seminario é de balde.
A continuación damos conta do programa.
1. Presentación
2. Solucións vAlliance
3. Arquitecturas
3.a. Plataforma Microsoft. Xestión e sistemas operativos. System Center, w7, w2008S-R2, Hyper-V (José Luis Cruz - Solution Specialist en Microsoft Ibérica)
3.b. Tecnoloxías Citrix. XenDesktop, XenApp, NetScaler/Branch Repeater WS, Essentials for Hyper-V (José Juan Díaz – System Engineer Citrix)
4. Pausa
5. A virtualización cos pés na terra (Marcos Paredes, director da Área de Tecnoloxía de Ozona)
6. O desktop flexible (Marcos Paredes, director da Área de Tecnoloxía de Ozona)

PUBLICIDADE