Outlook comeza a funcionar con Android Wear

luns, 18 de abril do 2016 Marcus Fernández

Para os usuarios que Outlook é a súa aplicación habitual para a xestión do correo electrónico chega unha interesante actualización da súa aplicación para Android, xa que incorpora o soporte de Android Wear, o que facilita que dende un reloxo de pulso conectado podamos recibir notificacións de correo electrónico, ler as mensaxes recibidas, responder con mensaxes predefinidas ou incluso ditar ao reloxo unha resposta. Unha opción máis para xestionar a nosa bandexa de entrada.
Aínda que dá a impresión de que o mercado dos smartwatches perdeu o seu pulo inicial, sempre hai un nicho de usuarios que saben tirar proveito desta tecnoloxía, e este tipo de público de seguro que agradece que, aparte da mensaxería instantánea, tamén se poida facer máis doada e áxil a xestión do correo electrónico dende dispositivos wearables.

PUBLICIDADE