Outes convoca axudas para a adquisición de material informático entre o alumnado

martes, 22 de novembro do 2022 S. P.

O Concello de Outes anunciou a convocatoria de axudas para a adquisición de material informático entre a cidadanía. Inclúense computadores portátiles, ordenadores de sobremesa e máis impresoras.
Poderá solicitar estas axudas todo o alumnado que durante o ano 2022 curse estudos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación profesional e Universidade, e cumpra cos requisitos sinalados nas bases reguladoras da convocatoria.
Non poderán solicitar estas axudas aqueles alumnos que fosen beneficiarios das mesmas na convocatoria do ano 2021.
O obxecto da convocatoria é a concesión de axudas económicas aos estudantes que adquiran material informático durante o ano 2022, coa finalidade de “facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades de todos os colectivos á hora de acceder ás novas tecnoloxías favorecendo así a a escolarización do alumnado nolos seus domicilios, dotando ás unidades familiares das ferramentas informáticas necesarias”.
O importe a recibir será de até un máximo de 350 euros nas familias de até 6.000 euros de Renda Per Cápita anual, e de 200 para aquelas que perciban entre 6.001 e 8.000.
Máis información na páxina web do Concello.

PUBLICIDADE