Outes conta cunha nova web para apoiar o comercio local

venres, 27 de agosto do 2021 S. P.

O Concello de Outes vén de pór en marcha unha páxina web específica para impulsar, revitalizar e reivindicar o comercio local. O sitio arrincou con 150 establecementos rexistrados divididos en oito categorías. O obxectivo é dar maior visibilidade aos negocios e axudarlles na súa adaptación dixital.
A través da web comercio.outes.gal facilítase todo tipo de información sobre estas empresas desde a súa situación ata os datos de contacto.
Explicou o alcalde, Manuel González que esta plataforma servirá como escaparate virtual para todos os comercios da localidade e “está pensada para facilitar aos negocios o seu posicionamento en liña”. O rexedor sinalou que o obxectivo é desenvolver o potencial que ten todo o tecido comercial do municipio. Así mesmo, o portal conta cun apartado no que se publicarán noticias sobre cuestións de interese para o sector.

PUBLICIDADE