Os videoxogos poderían ter efectos psicolóxicos positivos

venres, 29 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Os videoxogos poden non ser só un elemento do lecer dos mozos, senón que poderían satisfacer certas necesidades dos usuarios a nivel psicolóxico segundo un estudio realizado pola Universidade de Rochester (New York, EE.UU.) e un grupo de investigadores de Immersyve Inc.
Os investigadores afirman que os usuarios de videoxogos non se vían atraídos ós mesmos só porque fosen divertidos, senón que tras xogar notaban melloras na percepción da súa autonomía, competencia e sociabilidade. Así, o uso de videoxogos resultaría unha experiencia satisfactoria psicoloxicamente, cando menos, a curto prazo.
Tamén se indicou que o grado de satisfacción acadado polos usuarios era moi superior no caso de participar en xogos en rede, ou sexa, cando interactúan con outros usuarios.

PUBLICIDADE