Os usuarios de Amazon Premium poden gozar de almacenamento ilimitado de fotografías na nube

mércores, 21 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Até hai pouco Amazon ofrecía un servizo de almacenamento ilimitado na nube de fotografías a un prezo de 11,99 dólares/ano, pero hoxe sorprendeu anunciando que en España os subscritores de Amazon Premium (sistema que facilita a recepción urxente dos produtos con loxística xestionada por Amazon sen custo adicional) poderán gozar do almacenamento de fotografías de balde e ilimitado.
Este servizo precisa para funcionar a aplicación Cloud Drive no ordenador ou no noso dispositivo móbil, que facilita a carga das nosas fotografías á nube de Amazon, poden acceder ás imaxes a través desta mesma ferramenta, sendo tamén posible a xestión deste servizo vía web (aínda que é máis recomendable o uso da aplicación dedicada, principalmente para a carga masiva de contidos).
O servizo de Cloud Drive incluído nesta promoción só ten espazo ilimitado para fotografías e, de quere empregalo para datos en xeral existen numerosos plans de espazo na nube achega 5 GB de espazo de balde e plans de pagamento que parten de 20 GB por 8 euros/ano até 1.000 GB por 400 euros/ano.

PUBLICIDADE