Os televisores de Samsung poderán conectarse a escritorios remotos

mércores, 9 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Samsung aproveitou o CES para presentar unha nova función que recibirán os seus Smart TV en 2019, Acceso Remoto, que achegará conectividade sen fíos mellorara para ordenadores, tabletas e smartphones, permitindo o control remoto de programas e aplicacións compatibles a través do televisor.
Deste xeito, dispositivos de entrada como os teclados poderán conectarse aos Smart TV de Samsung, permitindo que dende o televisor, e sen empregar cables, os usuarios poidan acceder a un ordenador remoto, podendo dende navegar pola web até xogar.
Conectando un teclado e un rato ao televisor teriamos un posto ofimático no propio televisor, e aínda que inicialmente está pensado para empregar con outros equipos na mesma rede local, tamén é posible gozar desta prestación en escritorios virtuais de WMware Horizon, ou sexa, que os traballadores terán unha posibilidade máis para conectarse ao seu posto de traballo virtual dun xeito seguro grazas á tecnoloxía Knox de Samsung.

PUBLICIDADE