Os novos procesadores de Intel facilitarán a fabricación de portátiles lixeiros e de grande autonomía con Wi-Fi a 1 Gbps

mércores, 29 de agosto do 2018 Marcus Fernández

A 8ª xeración de procesadores Intel Core continúa a avanzar paseniñamente, chegando cada vez a máis ámbitos, chegando agora ás familias de procesadores Whiskey Lake e Amber Lake, que pasan a chamarse serie U e Y respectivamente, e que buscan principalmente mellorar a conectividade en ordenadores portátiles e equipos 2-en-1 lixeiros, conseguindo un bo equilibrio entre rendemento e autonomía. Veremos equipos con estes procesadores a partires do outono.

Intel Core serie U de 8ª xeración

Os procesadores Intel Core serie U permiten por primeira vez integrar conectividade Wi-Fi de 1 Gbps en portátiles delgados e lixeiros. Tamén obteñen un rendemento até 2 veces superior ao dun PC de hai 5 anos, e mellora considerablemente en produtividade ofimática para tarefas de navegación web e creación de contido lixeiro respecto á anterior xeración.
Os procesadores que estren esta familia son os i7-8565U, i5-8265U e i3-8145U, capaces de gozar de vídeo en 4K, comunicarse a alta velocidade (permiten conexións Wi-Fi de até 1 Gbps) e gozar de autonomías de até 16 horas cunha única carga.

Intel Core serie Y de 8ª xeración

Os novos procesadores Intel Core serie Y tamén ofrecerán conexións de alta capacidade para Wi-Fi e LTE, cun rendemento sen precedentes nalgúns dos ordenadores portátiles e dispositivos 2-en-1 máis lixeiros e delgados do mercado. Permite así que os equipos poidan conservar un deseño compacto e elegante á vez que manteñen unha boa autonomía e un desempeño digno.
Esta familia comeza cos procesadores i7-8500, i58200Y e m3-8100Y, que integran Wi-Fi AC e LTE de até 1 Gbps (son soporte para eSIM).

Os novos procesadores de Intel facilitarán que os ordenadores portátiles poidan continuar a mellorar en rendemento e autonomía, mantendo a tendencia de formatos compactos e lixeiros

Vídeo promocional dos novos procesadores de Intel

PUBLICIDADE