Os nosos centros tecnolóxicos póñense a disposición das PEME para traballar en innovación

martes, 21 de abril do 2015 Redacción

Os centros tecnolóxicos galegos (contorna de Vigo) queren camiñar o máis preto posíbel das nosas empresas innovadoras, colaborando en proxectos, achegando coñecemento e compartindo experiencias e bagaxes. Con este obxectivo, a Factoría de Innovación de Vigo vai organizar un encontro entre empresarios e centros no que está previsto que estes presenten os seus servizos e potenciais e aqueles toman nota deles para pór en marcha novas achegas de mercado. A xornada Coñeces aos centros tecnolóxicos? Descobre como poden axudar á túa empresa desenvólvese este 23 de abril, a partir das 9.30 horas, no Centro de Negocios do Consorcio da Zona Franca de Vigo en Porto do Molle (Nigrán).
O principal obxectivo deste encontro empresarial, no que intervirán AIMEN, ANFACO-CECOPESCA, CTAG, EnergyLab e Gradiant, é fomentar o desenvolvemento da cultura innovadora nas PEME galegas e favorecer a colaboración para a posta en marcha de proxectos de I+D+i.
Representantes de cada un des complexos de coñecemento avanzado realizarán unha presentación dos servizos que ofrecen ás empresas e analizarán posíbeis sinerxías con diferentes sectores.
Programa
09:30h. Apertura da xornada
09:45h. EnergyLab. Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética
Fernando Vivas. Director Técnico. EnergyLab.
10:00h. AIMEN. Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste
Joaquín Vázquez. Director Comercial. AIMEN.
10:15h. Gradiant. Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia
José Manuel Dorado. Director de Transferencia Tecnolóxica. Gradiant.
10:30h. ANFACO-CECOPESCA. Centro Tecnolóxico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca
Adolfo Domínguez. Departamento Comercial e Mercadotecnia. ANFACO-CECOPESCA.
10:45h. CTAG. Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia
Carlos Abellás. Business Development Manager. CTAG.
11:00h. Debate
11:30h. Fin da xornada. Café Networking

PUBLICIDADE