Os navegadores Opera e Safari superan o test Acid3
xoves, 27 de marzo do 2008
Un dos grandes problemas para o desenvolvemento de páxinas web é a
falta de respecto dos estándares establecidos por parte dos navegadores de
Internet, de xeito que unha mesma web se ve de distinto xeito segundo o
programa empregado para vela, de aà que creasen un sistema de probas de
estándares empregados na Web 2.0 chamado Acid3
que puntúa de 0 a 100 a compatibilidade dos navegadores cos estándares e,
finalmente, xa hai programas que superaron esta proba con éxito.
Nas últimas horas o Opera
anunciou que a súa última versión de proba conseguÃa unha puntuación 100/100 no
test Acid3, de xeito que se converteu no primeiro navegador en amosar esta
alta taxa de compatibilidade, pero este anuncio moveu ós desenvolvedores do
motor WebKit (empregado pola navegador Safari) pisaran o acelerador e en poucas
horas conseguir que a súa plataforma tamén superase o test Acid3, de xeito que Safari
xa supera o Acid3.
- O WebKit tamén permite superar o Acid3, de xeito que Safari tamén se converte nun navegador axeitado para a Web 2.0
Lembremos que estamos a falar de versións de proba, pois as versións estables dos navegadores actuais están moi lonxe destas taxas de soporte de estándares, pero os avances dos últimos dÃas dan a entender que pronto veremos navegadores oficiais moi respectuosos cos estándares.