Os móbiles con Android traducirán textos captados polas súas cámaras

martes, 16 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O Mobile World Congress contou esta tarde coa presenza de Eric Schmidt, conselleiro delegado de Google, quen respondeu ás críticas dos últimos días por parte de varias operadoras de telecomunicacións que pedían que a súa compañía compartise con eles os seus beneficios en virtude do uso que fan das súas redes, ao que Schmidt respondeu asegurando que o ecosistema de Google supón un beneficio para todos.
Aproveitou a ocasión para dar a coñecer unha prestación máis dos móbiles co sistema operativo Android, consistente na aplicación dentro de Google Goggle de tecnoloxía de recoñecemento óptico de carácteres (OCR) combinado coa tradución automática, de xeito que ao captar coa cámara do móbil un texto podemos obter a súa tradución a un dos máis de 50 idiomas que soporta Google Translate.

Google Goggle engade OCR e tradución automática

PUBLICIDADE