Os libros da editorial Galaxia incorporaranse a Google Books

venres, 24 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Na actualidade xa se pode ver a descripción de distintos textos de Galaxia a través de Google Books, aínda que non se pode acceder ao seu contido

A veterana editorial galega Galaxia asinou un acordo co buscador Google para que os fondos da editora (incluíndo tanto obras clásicas como contemporáneas) estean dispoñibles a través de Google Books antes de rematar o ano, o que universalizará os textos, continuando a explotalos comercialmente a editorial galega.
Con este paso unha boa parte da edición galega se proxectará ao mundo, podendo consultarse integramente algunhas obras, mentres que o resto só presentarán parte do seu contido (o que pode servir para dar a coñecer os textos e animar ao público á súa lectura en soporte físico).
Víctor Fernández Freixanes (Galaxia) e Luís Collado (Google) aseguraron que «queremos que a literatura galega estea presente no diálogo universal da Rede, para o que fixemos un importante esforzo entre as dúas partes, conscientes da necesidade de que a cultura galega participe activamente na era dixital».

PUBLICIDADE