Os investigadores do CITIC amosan en Porto aplicacións de visión artificial
luns, 6 de marzo do 2017
A
semana pasada celebrouse en Porto a 12 edición do
evento VISAPP, conferencia internacional sobre as aplicacións (e
a teorÃa) da visión artificial, tamén coñecida como visión por
computador. A International Conference on Computer Vision Theory
and Applications tivo presenza galega. Segundo
informa o Centro de Investigación TIC (CITIC) da Coruña, cinco
investigadores seus participaron no evento entre o 27 de febreiro e o
1 de marzo. Amais de asistir aos relatorios e ás sesións de
traballo, presentaron o proxecto Image and Video Analysis.
Segundo
informa o CITIC, este congreso portugués é un punto de encontro
referencial para investigadores, enxeñeiros e profesionais do ámbito
da visión por computador. Na edición deste ano abranguéronse
diversos temas de interese, como por exemplo formación e
pre-procesamento de imaxes; análise e comprensión de imaxe e vÃdeo;
movemento, seguimento e visión estéreo; e aplicacións e servizos.
Joaquim
de Moura, Jorge Novo, Marcos Ortega, Noelia Barreira e Pablo Charlón,
ademais de asistir a este evento, presentaron o traballo Image and
VÃdeo Analysis, que propón unha metodoloxÃa para a
clasificación automática de vasos entre arterias e veas nas imaxes
do fondo do ollo. Segundo informa o CITIC, trátase dunha proposta
probada e validada con 19 retinógrafos de reflexión (en castelán
reflectancia) no infravermello próximo. Por certo que a
vindeira edición do Congreso VISAPP xa ten data e lugar. Celebrarase
en Funchal (Madeira) do 27 ao 29 de xaneiro de 2018.