Os enxeñeiros técnicos en informática formaron a 20 profesionais galegos en PMP

luns, 7 de febreiro do 2011 Fernando Sarasketa

Preparar aos profesionais galegos do sector TIC cara á obtención dun certificado nunha das máis prestixiosas e innovadoras metodoloxías de traballo na xestión de proxectos: o Project Management Profesional (PMP). Este foi o obxectivo fundamental do ciclo formativo celebrado esta fin de semana polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), unhas xornadas que acolleron en Santiago a un total de 20 participantes, todos en fase de preparación do exame de PMP, un modelo creativo-empresarial do que se calcula que non hai máis de 360.000 persoas acreditadas sobre o seu manexo. Os obradoiros, por certo, estiveron dirixidos polo coordinador de proxectos de banca na Dirección Xeral de Outsourcing en Tecnocom, PMP e EMBA, Carlos G. Jardón.
O ciclo formativo desenvolveuse no Gran Hotel Santiago (Avenida Mestre Mateo 27) e como dixemos contou coa presencia de 20 alumnos, que era a número máximo de participantes permitidos polo CPETIG.
A certificación Project Management Professional (PMP) é, nestes intres, unha das máis requeridas por empresas de diversos sectores industriais: empresas de novas tecnoloxías do coñecemento., constructoras e incluso organismos públicos. É a certificación que avala os coñecementos da metodoloxía de dirección de proxectos máis extendida no mundo. Aplicable a todas as industrias, son xa arredor de 360.000 os profesionais certificados en máis de 160 países que dirixen e xestionan os seus proxectos con éxito.

PUBLICIDADE