Os dominios .gal poden rexistrase até o domingo a 5 euros + IVE

xoves, 14 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Tal día como hoxe do ano 2013 deuse a coñecer a aprobación por parte de ICANN do dominio .gal para a lingua e a cultura galegas, e para celebrar estes 5 anos da concesión do dominio (que delegaríase en abril de 2014, estrearía a súa primeira páxina en maio e abriríase ao público en decembro do mesmo ano) lánzase unha promoción de duración limitada, que permitirá o rexistro de dominios .gal até o vindeiro día 17 a un prezo máximo de só 5 euros + IVE a través dos rexistradores BlackKnight, CDmon, Core, Dinahosting, Don Dominio, Com Laude e Openprovider.
Os dominios .gal superan actualmente a barreira dos 4.700 rexistros, e pretenden superar os 5.000 antes de rematar o presente ano, obxectivo para o que están a realizarse diversas promocións e campañas que principalmente buscar dar unha maior visibilidade ao dominios de primeiro nivel ideal para representar á nosa sociedade na Internet.

PUBLICIDADE