Os dispositivos Nexus comezan a recibir a actualización a Lollipop

xoves, 13 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Despois de que Motorola se adiantase na carreira pola actualización de smartphones a Android 5.0, comezando a enviar Lollipop aos terminais Moto G e Moto X de segunda xeración, dende Google non quixeron queda atrás e anunciaron que comezaban a distribución da actualización para a súa familia Nexus.
Os usuarios que teñan un produto da gama Nexus, se non queren agardar a recibir a súa actualización de xeito automático, poden acudir á páxina web que permite a descarga e instalación manual de Android 5.0 para o seu dispositivo, que dende onte pode descargarse para os smartphones Nexus 5 e para as tabletas Nexus 7 (modelo con Wi-Fi dos anos 2012 e 2013) e Nexus 10, quedando polo momento en espera as versións das tabletas con banda larga móbil e o teléfono Nexus 4, que serían os seguintes en recibir esta atractiva actualización que supón unha auténtica revolución para Android, marcando as pautas deste sistema operativo móbil para os vindeiros anos.

PUBLICIDADE