Os directos de Periscope comezan a poder verse dende Twitter

martes, 12 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

A guerra polo vídeo en directo que emprenderon Meerkat e Periscope parece ter deixado á plataforma de Twitter como claro gañador, e ante a inminente chegada dos directos a través de Facebook, Periscope moveu ficha e anuncian hoxe que xa se integra en Twitter dun xeito efectivo, de xeito que xa non se limita a anunciar os directos cun chío, senón que nestas mensaxes tamén se poderá ver o vídeo en vivo, sen ter que abrir unha aplicación independente nin abrir unha páxina web, de xeito que as retransmisións a través de Periscope terían un tratamento semellante á incorporación de vídeo, o que debería incrementar de xeito importante a súa visibilidade.
A nova funcionalidade limítase polo momento á aplicación oficial de Twitter para iOS, pero irase espallando ao resto de plataformas en breve, achegando Periscope a unha nova audiencia masiva.

PUBLICIDADE