Os directores de El País e The Guardian consideran positivo o papel da Internet no futuro do xornalismo

luns, 1 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Alan Rusbridger, director de The Guardian

Durante un encontro do Hay Festival de Segovia, Javier Moreno, director de El País , afirmou que a «Internet non é unha ameaza para o xornalismo senón a súa salvación, a Rede consigue máis audiencia, máis influencia e faremos un grande servizo á sociedade se ademais servimos de foro de debate e discusión», compartindo a visión optimista de Alan Rusbridger, o seu homólogo do xornal The Guardian, que destacou que dos seus 15 millóns de lectores, entre 4 e 5 corresponden a norteamericanos superando a medios coma The Angeles Times, o que serve de exemplo de cómo a Internet pode cambiar o xeito de ver os medios, aínda que tamén recoñeceu que a participación dos lectores nas edicións en liña resulta incómoda para os xornalistas (en boa medida porque hai xente que chega a saber máis que eles sobre o que están relatando).
Rusbridger tamén quixo destacar que en calquera momento pode aparecer un dispositivo tan axeitado coma un xornal para ler texto de xeito natural, «polo que máis vale que os xornais se adianten ós acontecementos».
Javier Moreno sinalou que «non hai crise no xornalismo nin nos periódicos, o problema é qué vai pasar á democracia cambalean os xornais que son capaces de conformar un espazo público de discusión».

PUBLICIDADE