Os descodificadores HD de R pasar a ofrecer conexións Ethernet de 10 Mbps de xeito predeterminado

luns, 14 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Para facilitar a conexión á Rede de consolas de videoxogos e televisores, dende hai tempo o operador R ofrece a posibilidade de activar o porto Ethernet dos seus receptores de televisión dixital, que poden configurarse para recibir conexións de 1 ou 5 Mbbps, e para facer moito máis doado este procedemento agora anuncian que o porto Ethernet de todos os seus descodificadores de alta definición pasan a ter o seu porto Ethernet activado de xeito predeterminado cunha conexións de 10 Mbps de descarga e 1 Mbps de subida (capacidade de datos que non se descontará da conexión principal) facendo así moito máis doado gozar de contidos en alta definición no salón ou poder botar partidas en rede.
Este servizo está só dispoñible para usuarios particulares, e resulta especialmente práctico nos casos nos que a conexión Wi-Fi doméstica non chegue con toda a calidade que se quixera ao salón do fogar (o que dificultaría gozar do acceso a vídeos con alta calidade ou unha conexión estable para xogar en liña).

PUBLICIDADE