Os creadores de TikTok poderán vender coleccións de vídeos

martes, 7 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Os creadores de contido teñen unha nova fonte de financiamento dispoñible, TikTok Series, que permitirá vender aos seus seareiros coleccións de até 80 vídeos de até 20 minutos de duración a un prezo de entre 1 e 190 dólares, o que pode resultar moi práctico para a comercialización de cursos de distinto tipo (exercicio, receitas...) aproveitando o alcance e a sona que chega a conseguirse en TikTok.
As series de TikTok pode adquirirse dende o perfil dos creadores ou a través de ligazóns integradas en vídeos, podendo así estreitar a relación entre os creadores e os espectadores. Polo momento non se desvelaron as comisións que recibirá TikTok pola comercialización desta especie de coleccións de pagamento, nin as condicións que haberá que cumprir para acceder a esta fórmula de monetización.

PUBLICIDADE