Os centros socioculturais de Santiago ofrecerán obradoiros anti-fenda dixital e actividades maker
xoves, 31 de agosto do 2023
O
Concello
de Santiago presentou este xoves 31 de agosto o programa de
actividades da rede de centros socioculturais do termo municipal para
o curso 2023-2024. A axenda foi dada a coñecer polo concelleiro
Xan Duro e pola técnica Lourdes de la Cruz, que salientaron as 7.400
prazas ofertadas dentro do programa de actividades organizadas polo
Concello de Santiago (4.300 de balde e outras 3.100 con prezos
reducidos, e cuxo prazo de preinscrición estará aberto do 6 ao 21
de setembro. Moitas destas actividades serán accións de tecnoloxÃa
participativa (maker) ou directamente encamiñadas a loitar
contra a fenda dixital.
Trátase
dun amplo programa o que achega o Concello a través do seu
Departamento de Centros Socioculturais, que inclúe tamén
actividades nas que tamén colaboran outras concellarÃas, e as
iniciativas postas en marcha polas entidades veciñais, culturais e
sociais.
A
programación desenvolverase nos 42 centros socioculturais da rede e
que abrangue os centros urbanos das Fontiñas, A Trisca, O Ensanche,
O Castiñeiriño, Santa Marta, Conxo, Vite, Cidade Histórica; os
centros dos barrios zona urbana 1 (Rocha, Vidán, San Lourenzo, Sar,
Cardeal Quiroga e Pontepedriña) e urbana 2 (Almáciga, Amio, C Casa
Agraria, As Cancelas, Brañas de Andrés, O Romaño); e os centros
rurais da Gracia, Barciela, A Peregrina, ArÃns, Bando, Busto, Cesar,
Enfesta, Eixo-Bornais, Figueiras, Grixoa, Lamascal, Laraño,
Lavacolla, Marantes, Marrozos, Nemenzo, Santa Cristina de Fecha, San
Xulian do Carballal, VerdÃa e Villestro.
O
prazo de preinscrición para as actividades dos CSC organizadas polo
Concello con número limitado de prazas e pagamento, será do 6 ao 21
de setembro, tanto online como presencial nos distintos
centros socioculturais.
O
concelleiro explicou que a proposta deste novo curso sociocultural
segue a ter como obxectivo "o acompañamento aos grupos de
idade, especialmente logo da experiencia comunitaria vivida coa
pandemia, a estimulación da vida comunitaria e a participación
social a través das actividades de tempo libre", poñendo en
valor o fomento do exercicio e a vida saudábel.
Xa
nun plano tecnolóxico, haberá actividades de envellecemento activo
que porán o foco en familiarizar ás persoas maiores coas novas
ferramentas, capacitándoas para aprender a manexarse coa
Administración Electrónica (DNI electrónico, trámites
telemáticos), facer vÃdeo-chamadas e vÃdeo-conferencias ou
empregar o Google maps para moverse pola cidade.
No
ámbito das tecnoloxÃas argalleiras, abertas e participativas
(tecnoloxÃas maker), haberá obradoiros de deseño 3D,
ferramentas creativas e edición de vÃdeo e audio, no marco do
proxecto impulsado polo Departamento de Promoción Económica, Faino
Ti, Fab lab. Trátase dun programa de formación que se
desenvolverá entre os meses de setembro e outubro en 8 centros
socioculturais, dirixido a mozos de 18 a 25 anos e a maiores a partir
de 55 anos. Ademais do ciclo deformación continuada, tamén haberá
seminarios dunha soa xornada. Pódese consultar a programación e
inscribirse na web www.compostelamaker.gal.
Para
participar e anotarse nas actividades dos CSC organizadas polo
Concello de Santiago con número limitado de prazas e con pagamento o
prazo da inscrición comeza o dia 6 e remato o 21 de setembro.
A
preinscrición realizarase preferentemente por vÃa online a
través da páxina do
Concello de Santiago, cubrindo o formulario CC002, dispoñÃbel
na sede electrónica e na web especÃfica. Tamén se pode facer de
forma presencial nos propios centros, onde se lles facilitará o
impreso de participación.