Os centros CeMIT de Oroso, Santiago e Arzúa amosan as mellores técnicas para o retoque fotográfico
luns, 25 de xuño do 2012
As aulas CeMIT de Santiago,
Arzúa e Oroso
darán acubillo, ao longo desta semana, a unha acción formativa
sobre retoque fotográfico. Esta actividade, informan a axencia
AMTEGA e máis a SecretarÃa Xeral de Medios, terá unha duración de
15 horas e consistirá en facer partÃfices aos asistentes dos
coñecementos e técnicas máis avanzadas para o tratamento das
imaxes dixitais. O curso forma parte do Programa de Dinamización
2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión
Tecnolóxica de Galicia.
Os responsábeis da actividade botarán man das
posibilidades da videoconferencia das propias aulas CeMIT para
achegar a actividade, en tempo real e de maneira simultánea, aos
devanditos centros de Santiago, Arzúa e Oroso. O Programa de
Dinamización ofrece tamén outras actividades de 15 horas (acerca de
tecnoloxÃas de streaming e de xestión de comunidades) e
outras dúas de 40 horas sobre creatividade multimedia e produción
audiovisual.