Os artesáns galegos poderán cobrar con tarxeta en feiras e mercados

luns, 26 de outubro do 2015 Redacción

A compañía galega SetPay, única empresa 100% española que comercializa TPV móbiles, vén de pechar un acordo estratéxico coa Asociación Galega de Artesáns (AGA), que agrupa a preto de 300 artesáns galegos, para facilitar aos membros deste colectivo a oferta de pagamento con tarxeta aos seus clientes en calquera localización, a través dun lector de tarxetas tan pequeno como unha calculadora e unha aplicación nun smartphone ou tableta.
A maioría de negocios en mobilidade e pequenos comercios non atenden á crecente demanda de pago con tarxeta por parte dos consumidores, que segundo os datos do Banco de España creceu nos últimos meses. O dispositivo de SetPay permite efectuar cobros desde calquera lugar, sen custos iniciais de alta e sen comisións mínimas mensuais. Un servizo perfecto para profesionais que non teñen unha ampla demanda diaria de pagos con datáfono e que, por tanto, non poden asumir custos de cotas ou penalizacións por baixo uso do servizo.

Comisións flexibles adaptadas ao volume de vendas

Os clientes de SetPay dispoñen ademais de tarifas adaptadas á súa facturación, de modo que canto máis usen o TPV, menor comisión abonarán. Unha solución pensada para encaixar na realidade de cada negocio e facilitar desde o inicio o crecemento das vendas. Tampouco existen cotas de mantemento ou obrigación de contratar outros produtos, reducindo así os custos fixos ás PEME e ofrecendo unha solución máis flexible que os datáfonos tradicionais.

O servizo de TPV móbil máis flexible do mercado

A marca, con sede en Santiago de Compostela, aposta por adaptar o seu servizo a diferentes colectivos desenvolvendo aplicacións ad hoc segundo as demandas de gremios e pequenos empresarios. Ademais, como vantaxe principal, este datáfono é multibanco, co que non é necesario que os usuarios cambien as súas contas ou produtos financeiros.

PUBLICIDADE