Os Pulitzer premian ao xornalismo dixital

martes, 17 de abril do 2012 Marcus Fernández

Arianna Huffington, Tim O’Brien e Tim Armstrong con parte do equipo do Huffington Post celebrando o Pulitzer de David Wood

Nas últimas horas déronse a coñecer os gañadores dos Premios Pulitzer, que nesta edición consideráronse especialmente relevantes porque 2 dous seus premios recaeron en obras publicadas exclusivamente en liña, aínda que os seus autores fixeran anteriormente carreira en publicacións impresas.
O premio á mellor reportaxe nacional recaeu en David Wood pola súa reportaxe sobre os veteranos de Iraq e Afganistán Beyond The Battlefield publicada no Huffington Post en 10 entregas, no que é un dos mellores exemplos que podemos atopar de xornalismo, e que a publicación dirixida por Arianna Huffington soubo aproveitar para crear un espazo vivo na web, enriquecéndoo coas achegas que foron chegando a posteriori e gozando dunha excelente acollida por parte dos lectores.
No apartado de tiras editoriais, o autor das viñetas cómicas de POLITICO, Matt Wuerker, tamén veu recoñecida a súa labor. Estamos ante o primeiro Pulitzer que recibe POLITICO, e curiosamente foi para a súa sección de humor político; Cómpre destacar que Wuerker xa publicaba antes en diarios como The Washington Post, Los Angeles Times ou The New York Times.

O humor gráfico de Wuerker publicado no dixital POLITICO valeulle un Premio Pulitzer

PUBLICIDADE