Ordes acolle unha sesión formativa en competencias dixitais para o emprego

martes, 13 de xuño do 2023 S. P.

A Sala de Conferencias do Concello de Ordes acollerá mañá e pasado, días 14 e 15 de xuño, unha sesión formativa en competencias dixitais para o emprego. A formación, organizada e impartida por persoal da Fundación Mujeres, estará orientada a dotar ás persoas participantes de nocións como a realización dun currículum, afrontar unha entrevista laboral ou o emprego de redes destinadas á busca de emprego como a rede social Linkedin.
O programa está dirixido a mulleres inmigrantes con permiso de traballo e con nacionalidade de países no integrantes de la Unión Europea. As persoas que desexen participar poderán inscribirse presencialmente no CIM da Mancomunidade, na rúa L. Xoxardo, s/n, ou a través do teléfono 981 68 21 08.

PUBLICIDADE