Orange venderá móbiles reacondicionados de Samsung

mércores, 2 de marzo do 2022 Marcus Fernández

Samsung Electronics e Orange anunciaron hoxe unha serie de iniciativas a longo prazo a nivel europeo entre as que destaca a que busca reducir os residuos e ampliar o ciclo de vida dos dispositivos móbiles, o que supón que Orange ofrecerá unha ampliación do programa de cambio e recollida de dispositivos usados Samsung e engadirá un programa de dispositivos Samsung reacondicionados e certificados pola marca surcoreana.
A colaboración aproveitará a aplicación da meteodoloxía Eco-Rating, unha iniciativa pan-industrial impulsado por un consorcio de operadores de telefonía móbil europeos, nos smartphones Samsung Galaxy. A nova cualificación avaliará o impacto medioambiental dos teléfonos móbiles durante o seu ciclo de vida, dende o seu deseño até a súa eliminación, o que permitirá a Samsung e Orange aplicar novas melloras.
As dúas compañías tamén se comprometeron a permitir a activación da eSIM nunha gama máis ampla de dispositivos Samsung conectados ás redes de Orange, simplificando a experiencia dos usuarios e reducindo a proporción de tarxetas SIM de plástico utilizadas en toda a pegada europea de Orange.

PUBLICIDADE