Orange por fin soporta eSIM nos novos iPhone

venres, 30 de novembro do 2018 Marcus Fernández

A incorporación de eSIM nos novos iPhone foi unha grande nova, xa que permiten o uso de dúas liñas telefónicas no mesmo dispositivo, pero a súa chegada ao mercado está a ser paulatina, xa que depende do soporte por parte das compañías de telecomunicacións.
Vodafone foi a primeira compañía en dar soporte completo das eSIM para dispositivos de Apple, e Movistar aínda comezou a aceptar as eSIM dos novos iPhone hai menos dun mes, pero o máis curioso foi o caso de Orange, compañía pioneira no uso das eSIM en smartwatches, que parecía ter aos novos iPhone esquecidos, aínda que agora vemos en boa media por que é así, xa que non se limitou a permitir o uso da eSIM contratando un servizo MultiSIM, senón que agora tamén permite acudir a unha tenda Orange e solicitar a substitución da SIM ordinaria por unha eSIM.
Actualmente Orange permite gozar de eSIM cos smartphones iPhone Xs/Xs Max/Xr e cos smartwatches Huawei 2, Samsung Galaxy Watch e Apple Watch (series 3 e 4), podendo os usuarios elixir se gozan desta liña con SIM virtual empregando un servizo de MultiSIM de pagamento ou prescindindo dunha SIM física (evitando así un custo mensual adicional).

PUBLICIDADE