Oppo presenta unha tecnoloxÃa que permitirá cargar completamente a baterÃa dalgúns smartphones en 15 minutos
martes, 23 de febreiro do 2016
Un dos fabricantes chineses de smartphones que máis coida os
seus produtos é, sen dúbida, Oppo, que é tamén dos poucos que atrévese a vender
directamente os seus produtos en Europa, ofrecendo terminais con excelentes
acabados e potente hardware, que levan tempo integrando sistemas de carga
rápida cos que pretenden paliar un dos problemas da autonomÃa dos terminais (xa
que ao incrementar a capacidade das baterÃas o tempo de carga dispárase) e no
marco do Mobile World Congress de Barcelona sorprenderon anunciando unha nova versión
desta tecnoloxÃa, chamada SuperVOOC, e que presume de
ser capaz de cargar a baterÃa dalgúns dos seus smartphones en só 15 minutos.
Concretamente dende Oppo aseguran que son capaces de levar ao 100% de carga
unha baterÃa de 2.500 mAh en 15 minutos a través de cables micro-USB e USB tipo
C, superando incluso a tecnoloxÃa Quick Charge 3.0 de Qualcomm, e sorprendendo
por ser unha tecnoloxÃa que vai chegar ao mercado, xa que non falamos dunha
proba de concepto ou do anuncio dunha tecnoloxÃa experimental.
Para deixar claro que esta tecnoloxÃa é real, probouse en directo na
presentación en Barcelona, e aÃnda que posiblemente os tempos de carga
anunciados só serÃan posibles en condicións
ideais, o que parece seguro é que Oppo conseguiu avanzar nunha área moi importante,
deixando claro que non hai que ser Apple ou Samsung para poder innovar.