Oppo presenta unha tecnoloxía de carga a 240 watts

luns, 28 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

Oppo aproveitou o marco do Mobile World Congress de Barcelona para presentar os seus avances en tecnoloxías de carga rápida para móbiles, o que concretouse en 2 sistemas en concreto: a carga SuperVOOC a 150 watts con motor de saúde de batería (BHE) e a carga SuperVOOC a 240 watts.
A tecnoloxía de carga rápida de Oppo a 150 watts é unha evolución da SuperVOOC a 125 watts, que consegue completar a carga dun smartphone en 15 minutos e presume dun adaptador de corrente de 58 x 57 x 30 milímetros e 172 gramos de peso, polo que sería moi semellante a un cargador de 65 watts. Grazas ao sistema de xestión de batería de Oppo (BHE) prometen unha lonxevidade moi superior das baterías, chegando a dobra ren ciclos de carga a outras tecnoloxías de carga rápida.
A tecnoloxía de carga rápida SuperVOOC a 240 watts promete cargar un smartphone con batería de 4.500 mAh en só 9 minutos, o que sería a carga deste tipo máis rápida do mundo, mantendo altos estándares de seguridade, aínda que é bastante discutible que pague a pena apostar por velocidades de carga tan elevadas (de feito, fabricantes como Apple aínda limita a velocidade de carga a 20 watts).

PUBLICIDADE