Opera incorpora WebKit no seu navegador web para Android

martes, 5 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O mes pasado Opera Software anunciou a súa intención de adoptar o motor de software libre WebKit para o seu navegador web, e dende hoxe mesmo xa temos dispoñible en Google Play a versión de proba do navegador Opera que chega como unha aplicación totalmente renovada e creada exclusivamente para Android (cunha interface de usuario adaptada a smartphones) e facendo uso de WebKit, polo que achega unha experiencia web móbil completa á altura de Google Chrome.
Aparte de integrar WebKit, Opera tamén destaca por facer uso de xestos, ter unha interface moi limpa, ter unha páxina de inicio que facilita o acceso rápido ás nosas páxinas web máis frecuentes... e incluso permite utilizar o sistema proxy de Opera Mini cando accedamos á web dende conexións móbiles (e queremos reducir o consumo de datos). Tamén inclúe un sistema de descubrimento de contidos (Discover) con fontes de contidos, que pode lembrarnos á aplicación Flipboard.


Vídeo promocional do novo navegador Opera

PUBLICIDADE