Opera funciona nos portátiles XO do proxecto OLPC

xoves, 21 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Os ordenadores portátiles do proxecto OLPC teñen un navegador de Internet integrado, pero a xente de Opera xa puido ver cómo funcionaba co seu navegador cun rendemento bastante bo, o que parece unha boa nova, xa que indica que as posibilidades destes equipos poden ir máis aló do software que inclúen de serie.
Segundo os responsables de Opera, empregar o seu navegador nos XO parece moi axeitado xa que o seu produto se axusta bastante ben a equipos con poucas prestacións. Deste xeito, pese a utilizar un portátil cativo, os seus usuarios non terían que prescindir de características como a navegación con pestanas (ou fichas), o uso de xestos co rato coma atallos, a posibilidade de ampliar as imaxes (algo do que sacaban especial proveito as versións de Opera para a Nintendo DS ou para Wii)... co única pega de que as páxinas que fan un uso intensivo de javascript poden conxelar momentaneamente o navegador.

PUBLICIDADE