Opera Mobile podería chegar en breve a Android

xoves, 6 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Opera Mini correndo nun terminal con Android

Aínda que Opera Mini xa leva tempo dispoñible para o sistema operativo móbil Android, agora confirman que o seu irmán maior, o navegador Opera Mobile, está adaptarse a Android segundo confirmou Jon von Tezchner, máximo responsable de Opera Software.
Este navegador web achegará aos terminais con Android non só unha aplicación baseada en WebKit que permite ver páxinas en HTML, integran un xestor de descargas e conta cun sistema de marcadores bastante potente, senón que tamén podería abrir a porta ao soporte de Flash e de Google Gears, que aínda que non están presentes aínda nas versións de Opera Mobile para outros terminais, é de agardar que cheguen en breve.

PUBLICIDADE